Cargando resultados...
O Baxi Ferrol, ao asalto da Eurocup diante do Villeneuve francés
Comeza a gran final da Eurocup de baloncesto en que participa un equipo galego por primeira vez na historia, o Baxi de Ferrol, que xoga contra o campión francés, o Villeneuve

G24.gal
26/03/2025 17:10
O Pavillón da Malata acolle a ida da gran final da Eurocup de baloncesto feminino. Por primeira vez na historia un equipo galego chega á rolda final despois dun camiño brillante pola competición europea. O conxunto de Lino López non parte co papel de favorito, pero agarda facer dous partidos de alto nivel para soñar co título continental.