Só o 37 % dos españois elimina do teléfono as fotos que non teñen valor
Só o 37 % dos españois elimina do teléfono as fotos que non teñen valor
Mil fotos no teléfono equivalen a cargar 8 móbiles
Facer fotos co móbil é sinxelo e barato, polo que tiramos da cámara do teléfono constantemente e gardamos a maioría.
"Eu creo que ando polas 35.000 ou algo así, porque cada vez que cambiaba de móbil ía copiando as antigas no novo".
"Todas as que me caben. Porque teño un fillo, tamén. Antes diso tiña, bueno, practicamente igual".
"Cantas? Nin idea, pero millóns".
En España, hai uns 30.000 millóns de fotografías gardadas en dispositivos electrónicos.
"O feito de que o móbil trate de manter a información consome espazo e enerxía, e fainos cargar máis veces o teléfono no día", explica Moisés Piñuela, responsable de DS Móvil de Vigo.
Mil fotos no teléfono equivalen a cargar 8 móbiles. Só o 37 % por cento dos españois borran as que non teñen ningún valor.
"Moitas veces tes ese medo de que pode ser que non quedaran ben gardadas e ao final borras as que cres que poderías sen elas".
Case a metade dos usuarios non chegan a imprimir nunca esas fotos.
"O 46 % dos españois non imprime nunca as súas fotos ou só o fan en ocasións moi especiais. Sería menos contaminante eliminar as fotos que non necesitamos e imprimir só aquelas que queiramos conservar", destaca Noémie Tardy, portavoz en España de Cheerz.
O estudo, elaborado pola aplicación Cheerz para a impresión de fotos, recomenda limpar o teléfono cada pouco tempo e descartar as fotos que non sexan válidas.