Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os alcaldes de Sober, Láncara e As Nogais con plenos a medianoite, os primeiros en tomar posesión

Os alcaldes de Sober, Láncara e As Nogais con plenos a medianoite, os primeiros en tomar posesión

Sober, por cuarta vez consecutiva, converteuse na corporación máis madrugadora de España en constituírse

Os municipios lucenses de Láncara e As Nogais tamén se constituíron nos primeiros compases do 17 de xuño

G24.gal 17/06/2023 08:45 Última actualización 17/06/2023 13:51

O concello lucense de Sober converteuse por cuarta vez consecutiva no concello máis madrugador de España en se constituír. Nunha entrevista no Galicia por diante fin de semana da Radio Galega, o alcalde do PP Luis Fernández Guitián -que gobernará outra vez con maioría absoluta e iniciou esta tradición catro mandatos atrás- destacaba que con esta iniciativa sitúan a Sober no "foco mediático a nivel nacional".

"Que fósemos os primeiros, que fose o foco mediático sobre Sober a nivel nacional"

Ademais, conseguen que haxa máis público no salón de plenos. Ademais de Sober, os concellos lucenses de Láncara e As Nogais tamén optaron por se constituír na medianoite do venres ao sábado. Segundo Fernández, o que era unha "anécdota en Sober xa é algo habitual" e cada vez son "máis os concellos que seguen esa iniciativa".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade