Publicador de contidos
Publicador de contidos

Maioría absoluta para o PP, resistencia dun BNG á baixa e suba do PSdeG

Maioría absoluta para o PP, resistencia dun BNG á baixa e suba do PSdeG

Dúas sondaxes publicadas este domingo tamén contemplan a posibilidade de que Sumar irrompa no Parlamento galego

G24.gal 28/01/2024 11:18 Última actualización 28/01/2024 13:22

Tres semanas antes do 18F, as enquisas apuntan a unha vitoria de Alfonso Rueda nas eleccións autonómicas. O PP mantería a maioría absoluta, o BNG seguiría como segunda forza, pero á baixa, co PSdeG subindo lixeiramente e a posibilidade de que irrompa Sumar no Parlamento.

É o escenario que debuxan dúas sondaxes: unha de Infortécnica para La Región e Atlántico e outra de DemosGal para El Ideal Gallego.

Estas sondaxes sitúan o PP entre os 40 e os 42 escanos, o BNG quedaría con entre 17 e 18 e os socialistas andarían polos 15 ou 16. Ademais, abren a porta a que Sumar consiga entrar no Parlamento autonómico con un ou dous escanos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade