Cargando resultados...
R. de Santander-Celta, Rácing-Raio, Pontevedra-Mallorca e Ourense C. F.-Valladolid, na Copa do Rei
R. de Santander-Celta, Rácing-Raio, Pontevedra-Mallorca e Ourense C. F.-Valladolid, na Copa do Rei
As eliminatorias a partido único serán o 3,4 e 5 de xaneiro
G24.gal
09/12/2024 12:05
Última actualización 09/12/2024 17:02
Non tivo sorte o Pontevedra, que xogará en Pasarón ante o Mallorca. O equipo mallorquín foi finalista da competición o ano pasado e hai dous superou unha das eliminatorias en Pontevedra pero tivo que agardar á prórroga despois dun partido moi igualado.
"Son un equipo de 1ª. O espíritu do 'Hai que roelo' ten que volver a sair. Agardamos un cheo en Pasarón"
As outras eliminatorias con equipos da Supercopa son Barbastro-Barcelona, Logroñés-Athlétic, Deportivo Minera-R. Minera. O Ourense C. F. xogará no Couto ante outro primeira división, o Real Valladolid. O Celta viaxará a Cantabria para xogar ante o Rácing de Santander e o Rácing de Ferrol recibirá na Malata o Raio Vallecano.