Publicador de contidos
Publicador de contidos

Suspendidas o 40 % das operacións no terceiro día de folga dos médicos

Suspendidas o 40 % das operacións no terceiro día de folga dos médicos

O sindicato convocante, CESM, cifra o seguimento no 62 %

O Sergas calcula que participaron o 15,18 % dos facultativos

G24.gal 13/04/2023 20:09 Última actualización 13/04/2023 20:22

A folga dos médicos cumpre o seu terceiro día. O sindicato convocante estima que o seguimento superou o 60 %. A área sanitaria coa maior participación foi a de Ourense, onde chegou ao 85 %, seguida da de Vigo e da de Santiago cun 75 % e 70 % respectivamente. CESM destaca que nesta xornada aumentou a participación entre os facultativos da atención primaria.

O Sergas, pola contra, calcula que o seguimento global foi do 15 %. A folga dos médicos obrigou a suspender este xoves máis de 600 intervencións, que son case o 40 % das que se fan nun día habitual. Tamén se aprazaron case 20.000 consultas e preto de 14.000 probas.

Os médicos reivindican nesta folga melloras laborais. Pídenlles aos representantes do Sergas e da Consellería de Sanidade "compromisos concretos" para desconvocar as mobilizacións. Aos cidadáns pídenlles desculpas polos prexuízos que esta folga lle poida causar pero aseguran que o obxectivo principal é lograr "seguridade para o paciente e dignidade para os profesionais".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade