Publicador de contidos
Publicador de contidos

Talleres lucenses buscan en países de Suramérica mecánicos, pintores ou carroceiros

Talleres lucenses buscan en países de Suramérica mecánicos, pintores ou carroceiros

No sector sinalan dificultades para atopar profesionais cualificados

Félix Aragunde 20/02/2024 20:13 Última actualización 20/02/2024 20:21

Os talleres mecánicos de Lugo precisan man de obra cualificada. Ante a falta de profesionais para cubrir diversos postos, ata 16 empresas da provincia están interesadas en contratar, se é preciso, persoal procedente de Chile ou do Perú.

Entre os talleres mecánicos interesados en toda a provincia, demandan cubrir preto de medio cento de postos de traballo. Inclúense mecánicos, carroceiros, pintores, electromecánicos ou mecánicos agrícolas.

Luis Abelleira, presidente de Aprevar: "Sabemos que imos ter que seguir formando os que veñan de Chile ou do Perú. Pero é que neste momento nin a xente que vén aos programas de formación da Xunta nin a que vén da FP quere quedar no sector".

Co fin de atender a demanda de servizos, a intención da patronal é dispoñer do persoal cualificado necesario o antes posible.

Rubén Gil, xerente dun concesionario: "Xente que leve 10 ou 15 anos traballando no sector e que xa teña unha experiencia para que a produtividade sexa inmediata é o que nos custa encontrar".

Roberto Zas, xefe de taller: "Fai falta importar traballadores ou, tamén, motivar a xente que está esperando unha oportunidade para poder traballar".

No conxunto da provincia de Lugo hai actualmente arredor de 650 talleres mecánicos, que lles dan emprego a uns 1.800 traballadores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade