Nos xulgados de Ourense o único detido polo tiroteo en Tamallancos
Nos xulgados de Ourense o único detido polo tiroteo en Tamallancos
Tamallancos segue conmocionado polo tiroteo na gasolineira
Dous dos feridos seguen hospitalizados pero fóra de perigo
En Cambeo, a localidade máis próxima á estación de servizo onde se produciu o tiroteo o martes pasado, van recuperando a calma despois do susto vivido. Armando, un dos seus veciños, foi a persoa que recibiu accidentalmente un disparo por parte do suposto agresor.
O home, de 77 anos, está fora de perigo pero segue ingresado no hospital de Ourense. A súa familia, moi afectada polo acontecido, non quere facer declaracións. Os veciños lamentan a mala sorte que tivo este carniceiro xubilado, querido e coñecido por todos.
Esta mañá pasaba a disposición xudicial nos xulgados de Ourense o presunto autor dos feitos. Trátase dun veciño de Amoeiro de 48 anos de idade a quen a Garda Civil detivo despois de que, supostamente, disparara contra tres persoas dunha familia coa que está enfrontado. Un desoutros tres feridos tamén permanece ingresado no hospital ourensán.
Na gasolineira queren pasar páxina do acontecido para poder traballar con normalidade. Os veciños aínda están abraiados polo acontecido.
Moitas testemuñas sinalan que, de producirse o tiroteo unha hora antes, habería moitas máis persoas feridas porque o establecemento estaba cheo.