Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tarazona e Lugo empatan sen goles e sen ocasións (0-0)

Tarazona e Lugo empatan sen goles e sen ocasións (0-0)

O conxunto local estivo máis preciso na primeira metade e o Lugo mellor no recomezo

G24.gal 08/12/2024 16:23 Última actualización 08/12/2024 18:47

A S. D. Tarazona recibiu o C. D. Lugo nun partido sen moito movemento e no que a balanza non se decantou por ningún dos dous equipos.

A primeira metade non foi moi movida. A S. D. Tarazona dominou levemente os primeiros 45 minutos de partido, logrando o único tiro a portería da primeira parte e varios remates desviados. Erik Ruiz, xogador do conxunto lucense, foi amoestado cun cartón amarelo no 27'.

Os lucenses subiron as revolucións ao comezo da segunda metade, logrando achegarse á portería defendida por Diego Fuoli, colocando centros na área turiasonense. O Tarazona cedeulle o control do encontro ao Lugo, que asentou o xogo na metade do campo local.

Ámbolos dous equipos trataron de renovarse en ataque ao chegar ao ecuador da segunda metade. Lolo Escobar fixo os primeiros cambios do encontro no minuto 66: Fernando Lesme e Jaume Cuellar entraban por Jon Cabo e Jorge González. Juanma Barrero, técnico do Tarazona, respondía dándolle entrada a Areso por Borja Romero e a Manu Rico por Pradera.

A SD Tarazona con 19 puntos busca afastarse dos postos de descenso. Pola contra, o C. D. Lugo con 23 puntos trata de sumar puntos para asentarse nos postos de playoff.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos