Cargando resultados...
Tardía reacción do Deportivo Abanca en Sevilla (2-1)
Tardía reacción do Deportivo Abanca en Sevilla (2-1)
O equipo galego xogou case todo o segundo tempo con dez pola expulsión da porteira Inés Pereira
G24.gal
23/11/2024 14:56
A reacción do Deportivo Abanca non chegou nesta décimo primeira xornada. Este mediodía caeu por 2-1 no estadio Jesús Navas. O primeiro gol do Sevilla chegou ós 18 minutos co tanto de Gemma Gili. Foi clave no minuto 52 a expulsión da gardameta Inés Pereira, con vermella directa, ó derribar unha rival. Pouco despois chegou o segundo do Sevilla, gol de Paula Partido. Recurtou distancias no engadido Oriana Altube para o Deportivo Abanca que sumou a terceira derrota consecutiva.