Cargando resultados...
Temperaturas baixo cero en moitas localidades da provincia de Ourense
Temperaturas baixo cero en moitas localidades da provincia de Ourense
Os mercurios chegaron aos 7,5º negativos en Vilas como Baltar, Calvos de Randín, Carballeda de Valdeorras ou A Veiga
G24.gal
27/02/2023 14:46
Temos por diante unha nova semana de frío en toda a comunidade, unha friaxe que se deixou notar especialmente nas últimas horas en Ourense.
Un aviso por baixas temperaturas no sur da provincia alertaba de moito frío durante a madrugada e as primeiras horas do día: -7,5 graos houbo en localidades como Baltar, Calvos de Randín, Carballeda de Valdeorras ou A Veiga.
E moito frío tamén en Xinzo de Limia, onde os termómetros baixaron ata os -6,6 graos.
Iso si, apenas houbo néboa e na maioría da provincia o sol traballou arreo dende primeira hora da mañá, o que fixo máis levadeira esta baixa tan acusada nas temperaturas.