Cargando resultados...
Temporal no mar na costa da provincia da Coruña
Temporal no mar na costa da provincia da Coruña
Hai activado un aviso laranxa por ventos fortes e ondada
G24.gal
08/01/2023 14:27
Última actualización 08/01/2023 14:45
Unha borrasca profunda situada ao norte de Irlanda é a responsable dunha fronte que deixou ventos e chuvias fortes no litoral coruñés durante as primeiras horas do día.
As precipitacións foron remitindo co avance da xornada, pero a situación no mar segue sendo complicada. Os ventos sopran con intervalos de forza sete e mantense activo un aviso laranxa por ondas que poden chegar a alcanzar os sete metros de altura.
Para a xornada do luns non se agardan moitos cambios. O vento perderá intensidade, pero o aviso laranxa continuará en todo o litoral ata media tarde por mor da ondada.