Publicador de contidos
Publicador de contidos

Controlado o lume que calcinou 1.900 hectáreas no concello de Trabada

Controlado o lume que calcinou 1.900 hectáreas no concello de Trabada

Os outros catro incendios declarados na Mariña xa están extinguidos

G24.gal 14/10/2023 08:45 Última actualización 14/10/2023 20:54

Controlado o incendio forestal declarado este xoves no concello de Trabada. Segundo a consellería do Medio Rural, os equipos de extinción lograron conter o seu avance durante unha xornada chuviosa que xogou ao seu favor.

Este venres o incendio ameazou casas e alcanzou o municipio de Ribadeo, onde houbo que desaloxar vivendas e cortar a autovía A-8 entre os quilómetros 508 e 524 durante un tempo. De feito, activouse o nivel dous de alerta. Segundo as últimas estimacións, arrasou 1.900 hectáreas.

Os outros catro lumes declarados na Mariña nas últimas horas, todos próximos a Foz, xa están extinguidos. As lapas calcinaron 234 hectáreas nas parroquias de Santo Acisclo e Santa Cilla do Valadouro. A consellería do Medio Rural apunta á intencionalidade dos incendios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar