Publicador de contidos
Publicador de contidos

Todas as estradas nacionais afectadas pola DINA recuperaron a circulación

Todas as estradas nacionais afectadas pola DINA recuperaron a circulación

En Valencia continúa a busca das cinco persoas desaparecidas a causa da DINA, ao tempo que avanza a reconstrución das infraestruras danadas.

 

G24.gal 23/11/2024 21:10

A estrada nacional que une a localidade de Requena con Albacete foi a última vía en recuperar a circulación. Coa súa apertura quedaba restituído o tráfico en todas as estradas de titularidade estatal danadas pola DINA. Cincocentas persoas e 250 máquinas traballaron nos 160 quilómetros afectados polas chuvias, segundo o Ministerio de Transportes.

Os dous quilómetros habilitados este sábado permiten o paso sobre o río Magro e evitan un percorrido máis longo para os veciños.

"Moi contenta coa apertura. Foi rápida, traballaron día e noite", di unha veciña.

O exército avanza na construción das pasarelas provisionais que facilitarán a mobilidade entre as poboacións das dúas beiras do barranco do Poio. Permitirán recuperar o paso de peóns e o tráfico de emerxencias despois de que a riada levara por diante catro pontes.
Polo menos estar comunicados, porque tiñamos que desprazarnos como uns corenta minutos para ter os servizos, o mercado, o médico...", di unha veciña.

A Generalitat comezará o luns a retirar os 120 mil vehículos acumulados nos distintos concellos para custodialos nun lugar habilitado en Picassent. O operativo coordinado de emerxencias recolleu 150 toneladas de residuos das rúas e actuou en 700 garaxes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade