Publicador de contidos
Publicador de contidos

Todo preparado para o comezo de Wimbledon

Todo preparado para o comezo de Wimbledon

Carlos Alcaraz e Novak Djokovic debutan este luns. Rafa Nadal xoga o seu primeiro partido o martes

G24.gal 26/06/2022 20:27

Un resto de revés e golpe fóra do seu sparring. Rafa gaña o punto e remata a súa sesión de adestramento dominical sobre a herba londinense cun sorriso e moi boas sensacións.  

Entra en acción Novak Djokovic, que non poderá xogar o Aberto dos Estados Unidos por non estar vacinado, polo que este torneo será o seu último grande desta campaña: "É unha motivación máis para facelo ben. Espero facer un gran torneo como fixen as tres últimas edicións. Encantaríame estar no US Open".

Tanto Nole como Rafa son dúas das referencias da emerxente estrela española: Carlitos Alcaraz, que debuta na pista un contra Struff. O murciano recoñeceu que "estou tratando de copiar algunhas cousas dos mellores. Sempre vexo videos de Federer, Djokovic, Rafa, Andy... e trato de imitar os seus movementos".

Volven a Londres lendas como Andy Murray ou Serena Williams, pero non estarán os tenistas rusos, para desgusto de Kyrgios: "Penso que Medvedev é o mellor que temos no noso deporte agora. Miras a os outros xogadores Rublev, Khachanov...son tenistas importantes para o crecemento do noso deporte".

A central xa está preparada para os primeiros enfrontamentos:  Djokovic debuta contra o coreano Kuon. A británica Emma Raducanu abrirá turno na central no cadro feminino contra a belga Vanuivan. E o seu compatriota, Andy Murray, estrearase contra o australiano Duckworth.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos