Publicador de contidos
Publicador de contidos

Toman medidas de seguridade no edificio con desprendementos da Coruña

Toman medidas de seguridade no edificio con desprendementos da Coruña

Colocan un andamio que fará efectos de soportal arredor do inmoble 

G24.gal 02/07/2023 19:44 Última actualización 02/07/2023 20:00

Os propietarios do edificio da Coruña que sufriu desprendementos esta fin de semana xa adoptaron as medidas de seguridade que lles esixiu o concello. 

Na tarde deste domingo, un grupo de operarios estaba terminando de colocar un andamio que fará efectos de soportal arredor do inmoble para que se poida circular por debaixo con seguridade.

A caída de parte da cornixa do sexto andar deixou o venres á noite feridos leves dous clientes dun restaurante e obrigou a clausurar temporalmente os establecementos que hai nos baixos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade