Cargando resultados...
Tono Campos, triplo campión mundial con 38 anos
Tono Campos, triplo campión mundial con 38 anos
Tono Campos: "Débese ao traballo que facemos, á estratexia e á experiencia"
G24.gal
08/09/2023 15:07
Última actualización 08/09/2023 15:13
Tono Campos ten un palmarés incrible: 41 medallas entre europeos e mundiais. 18 son ouros, dez deles en campionatos do mundo, logo de 16 anos consecutivos subindo ao podio nos mundiais de maratón.
"Débese ao traballo que facemos, á estratexia e á experiencia"
Uns resultados extraordinarios que acaba de coroar aos 38 anos cun fito histórico: tres títulos nun mesmo mundial. Unha lenda do piragüismo, forxada no Grove, baixo a dirección de José Luis Padín, coa motivación intacta, para seguir no máis alto