Traballadores de Pescanova protestan en Conxemar contra o ERE
Traballadores de Pescanova protestan en Conxemar contra o ERE
A multinacional anunciou un expediente de regulación de emprego para 82 traballadores
O ERE podería afectar a un mínimo de 63 empregados en Galicia
Medio centenar de traballadores de Nueva Pescanova concentráronse este martes na porta de acceso á feira dos produtos do mar conxelados Conxemar para protestar polo ERE que a multinacional anunciou para 82 traballadores dos servizos centrais de Galicia e Madrid.
A empresa conta con 320 empregados, 19 deles en Madrid e o resto na súa sede en Chapela (Redondela). O ERE podería afectar a un mínimo de 63 empregados no seu centro de Galicia.
A presidenta do comité de empresa Ana Caride criticou a xesión da compañía nos últimos anos e asegurou que o ERE non vai resolver o problema. Pídenlle á Xunta que se implique para garantir o futuro da compañía.
Formoso reuniuse cos traballadores
O líder dos socialistas galegos Valentín González Formoso reunirse con representantes do comité para avaliar a situación laboral. Formoso instou o goberno galego a defender o que cualificou de buque insignia do sector da pesca.
A dirección de Nueva Pescanova e os traballadores vanse reunir este xoves e teñen de prazo ata o 26 de outubro para negociar o ERE.