Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tras lograr dous ouros en Hungría, Antía Jácome quere estar en París

Tras lograr dous ouros en Hungría, Antía Jácome quere estar en París

Antía Jácome logrou dous ouros no C1 200 metros e no C2 mixto 500 metros con Diego Domínguez, nos Campionatos do Mundo sub-23 celebrados en Hungría

G24.gal 06/09/2022 16:21 Última actualización 06/09/2022 16:32

Está de volta a pontevedresa Antía Jácome. Acaba de conseguir dúas medallas de ouro nos Campionatos do Mundo sub-23 celebrados en Hungría e confirma a súa progresión.

"Estou moi contenta. Este ano cambiei de adestrador. Vou loitar por estar en París"

Antía Jácome logrou dous ouros no C1 200 metros e no C2 mixto 500 metros con Diego Domínguez.

Espectacular peche de temporada da piragüista pontevedresa . Aos dous títulos europeos conseguidos hai quince días, Antía Jácome suma agora dous ouros máis no mundial sub-23. Dobre campioa do mundo en pouco máis de hora e media. Ese é o tempo que transcorreu entre gañar a final de C-1 200 e volver imporse na proba mixta de C-2 500 formando parella con outro galego, Diego Domínguez.

O padexeiro do Breogán do Grove tamén completou un mundial inesquecible. Colgou tres medallas. Á da proba mixta sumou dúas máis, prata e bronce formando parella co seu irmán Noel.

O maior dos Domínguez tamén logrou o triplete ao conseguir a prata en C-1 5.000

O éxito dos piragüistas galegos non quedou aí. No C-4 español, que conseguiu o ouro na distancia de 500 metros, tres dos seus catro integrantes son da terra: Manuel Fontán, Martín Jácome e David Barreiro

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos