Publicador de contidos
Publicador de contidos

Traslado de colmeas para recuperar a produción de mel logo dos incendios

Traslado de colmeas para recuperar a produción de mel logo dos incendios

Sitúan os apiarios en espazos limpos de maleza 

Aínda se están a avaliar as perdas no sector apícola

G24.gal 12/08/2022 20:00

O lume chegou ao Courel poucos días antes do comezo da recollida do mel. Boa parte da produción ardeu e aínda se están a avaliar as perdas. Queimáronse colmeas, abellas e as plantas que lles serven de alimento.

Agora toca facer reconto do que se salvou, tanto de insectos como de instalacións, e tentar que volva producir ou, no mellor dos casos, colocalo no mercado. Moitos apiarios salváronse por estar situados en montes limpos.

Boa parte das colmeas que se salvaron das lapas foron levadas a zonas de vexetación similar e os produtores xa teñen outras novas para ubicalas en espazos sen explotar. Os enxames que non morreron precisan agora coidados especiais, por exemplo, alimentalos nos primeiros días con auga e azucre.

Tamén é preciso, máis adiante, achegarlles proteína para aumentar as poboacións. E todo despois de tentar aproveitar o mel que xa había.

Os produtores sinalan que o traslado das colmeas pode alterar o sabor do mel ao cambiar a vexetación lindeira cos apiarios pero en ningún caso afectará a súa calidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade