Publicador de contidos
Publicador de contidos

Trece anos de cárcere para o home que matou o irmán cun sacho en Salceda

Trece anos de cárcere para o home que matou o irmán cun sacho en Salceda

Terá prohibido aproximarse á familia da vítima durante un período superior en dez anos á pena de cárcere

Deberá aboar a indemnización aos tres familiares de 800.000 euros

G24.gal 21/11/2022 17:08 Última actualización 21/11/2022 18:20

A sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra impón trece anos de cárcere ao home que matou ao seu irmán en Salceda de Caselas.

Acúsado dun delito de homicidio, coa agravante de parentesco e a atenuante de confesión.

O tribunal popular considerou probado que a intención do acusado foi causar a morte da vítima. Declarou acreditado que o sospeitoso mantiña malas relacións co seu irmán, que empezou a discutir con el e que, nun momento dado, lle arrebatou o sacho que portaba e lle deu tres golpes na cabeza que acabaron coa súa vida.

A sentenza explica que o xurado atribuíu a causa da morte, sucedida en agosto de 2019, foron eses tres golpes na cabeza, un feito corroborado pola declaración das forenses.

Ademais, recalca que “facendo uso dunha ferramenta do campo, en concreto, unha aixada, o atacou de forma violenta nunha zona moi concreta do seu corpo, de importancia vital"

Ademais dos trece anos de prisión, a Audiencia impúxolle a prohibición de aproximarse e comunicarse coa esposa da vítima e cos seus dous fillos durante un período superior en dez anos á pena de cárcere, así como o aboo dunha indemnización aos tres familiares de 800.000 euros.

Os feitos ocorreron en agosto de 2019.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade