Publicador de contidos
Publicador de contidos

Trece investigados en Galicia por incendios forestais no que vai de ano

Trece investigados en Galicia por incendios forestais no que vai de ano

A última persoa detida é o suposto causante hai dous días dun incendio en Seixalbo, Ourense

Imaxe de arquivo da investigación dun incendio forestal Imaxe de arquivo da investigación dun incendio forestal
G24.gal 30/06/2023 12:31

Ascende a trece o número de persoas investigadas en Galicia pola presunta autoría de incendios forestais no que vai de ano. A última é un presunto pirómano que en Ourense, e grazas á colaboración cidadá, foi pillado na allada, como informa un comunicado da Xunta este venres.

Axentes do Grupo de Investigación de Incendios da Policía Autonómica de Ourense esclareceron, ao interceptalo, o incendio rexistrado hai dous días en Seixalbo.

Este incendio, sinala a nota, afectou 0,15 hectáreas de superficie arborizada, e se se evitou a súa propagación, isto foi pola rápida intervención e o inmediato aviso aos servizos de extinción.

Un axente retivo o suposto responsable para a súa identificación e traslado.

Tras a súa declaración, as dilixencias foron remitidas ao Xulgado de Instrución número dous ourensán, en funcións de garda.

Cando se produciu este incendio na zona o índice de risco estaba catalogado como moi alto, polas elevadas temperaturas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade