Trece mortos no naufraxio dun barco turístico en Vietnam
Trece mortos no naufraxio dun barco turístico en Vietnam
Hai catro desaparecidos tras o afundimento
400 persoas buscan as vítimas, entre as que hai varios nenos
Polo menos 13 persoas morreron e outras catro seguen desaparecidas tras o naufraxio dunha lancha turística no centro de Vietnam.
O accidente sucedeu este sábado pola tarde, hora local, cando a barca, que transportaba 39 persoas desde as illas Cham ata a costa, envorcou a uns tres quilómetros da praia Cua Dai, na cidade de Hoi An, un importante centro turístico vietnamita.
O centro de Busca e Rescate de Vietnam coordina os traballos de procura. Os equipos de salvamento lograron trasladar 35 persoas á costa, pero 13 delas xa faleceran no accidente.
As autoridades enviaron unha ducia de botes con 400 persoas para buscar as vítimas, entre as que hai dous nenos, nunha área de tres quilómetros cadrados. Os traballos suspendéronse ata o domingo pola chegada da noite.
Non hai información sobre a causa exacta que orixinou o naufraxio.