Cargando resultados...
Tres anos do confinamento de Wuhan
0 23 de xaneiro de 2020 decretouse o confinamento de Wuhan
A pandemia de COVID-19 estendeuse rapidamente e outros países decretaron illamentos
A China pasou de minimizar a pandemia á dura política zero covid
G24.gal
24/01/2023 07:21
Xa se fixeron tres anos do confinamento de Wuhan. O 23 de xaneiro de 2020, a novena cidade máis poboada da China, e gran polo comercial, quedou illada e paralizada ata novo aviso. Foi por causa dun virus novo do que pouco se sabía e cuxo impacto tentaron minimizar as autoridades chinesas nun primeiro momento, para pasar despois a unha estrita política de cero covid que aínda acaban de flexibilizar hai unhas semanas.