Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tres balas quentan o debate entre Gabriel Rufián (ERC) e o presidente do Goberno

Tres balas quentan o debate entre Gabriel Rufián (ERC) e o presidente do Goberno

A presidenta do Congreso e o propio presidente do Goberno aféanlle o xesto

G24.gal 12/07/2022 20:45 Última actualización 12/07/2022 21:08

O portavoz de ERC Gabriel Rufián exhibiu este martes no Congreso dos Deputados, durante o debate do Estado da Nación, tres balas, un xesto polo que foi duramente reprendido pola presidenta do Congreso e o presidente do Goberno.

As balas foran supostamente recollidas xunto ao valo de Melilla tras o intento masivo de inmigrantes de cruzaren á cidade española, no que morreron polo menos 23 persoas subsaharianas o pasado día 24. Rufián pretendía así ilustrar unha crítica á política de inmigración do Goberno.

A presidenta da Cámara Baixa Meritxel Batet lembrou que na cámara xa houbo precedentes na exhibición de armas e non son aceptables.

O presidente Pedro Sánchez cualificou de imperdoable este xesto.

O voceiro de Esquerra Republicana de Catalunya Gabriel Rufián acusou ademais o Goberno de non facer política de esquerdas.

Tamén lle reclamou ao Presidente unha reforma fiscal xusta e duradeira e non medidas puntuais.

Pedro Sánchez respondeulle ao voceiro de ERC enumerando as medidas fiscais anunciadas ao comezo do debate.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade