Tres días sen auga da traída en medio Monforte
Tres días sen auga da traída en medio Monforte
A rotura da liña eléctrica da captación deixou sen servizo numerosas parroquias rurais
A de Chavaga é unha das quince parroquias de Monforte que permaneceron sen traída durante os últimos tres días. A liña eléctrica da captación partiu na madrugada do martes, debido á caída dunha árbore, e dende aquela os veciños non tiveron auga nas súas vivendas.
Noutras parroquias afectadas, como na de Gullade, recuperaron o servizo este mesmo venres. Os residentes aproveitan agora para lavar a roupa que se foi acumulando ao longo da semana.
No centro da vila e nas parroquias máis próximas dispoñen de traída dende o pasado martes. No resto, os afectados estiveron a chamar tanto ao Concello como á empresa da auga para pedir explicacións.
Dende a concesionaria da traída contan con que ao cabo desta mesma xornada o servizo estea totalmente restablecido.