Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tres Estrelas Verdes Michelin para tres restaurantes galegos

Tres Estrelas Verdes Michelin para tres restaurantes galegos

Son o restaurante O Balado, en Boqueixón; Culler de Pau, no Grove, e Pepe Vieira, en Poio

A Guía Michelin concédeas por primeira vez no 2021 e recoñece a proxectos gastronómicos sostibles e comprometidos co medio

G24.gal 01/03/2022 21:19

A alta cociña galega está á vangarda no coidado do medio ambiente. Boa proba diso é que Galicia é a segunda comunidade con máis Estrelas Verdes Michelin, só por detrás de Cataluña. Esta nova distinción da Guía Michelin recoñece as boas prácticas na cociña e tamén o compromiso coa contorna natural. 

A cor verde desta nova estrela Michelin vainos no país na paisaxe, na historia, na economía dos nosos avós, a que pouco a pouco e porque o planeta o esixe estamos recuperando. Levan tempo recuperándoo Roberto Filgueira, do restaurante O Balado, de Boqueixón; Javier Olleros, de Culler de pau, no Grove, e Pepe Vieira, no seu restaurante de Poio. Por iso foron galardoados cada un deles coa Estrela Verde Michelin

Falan os tres de que o seu proxecto nace da necesidade de construír un mundo máis sostible tamén desde a gastronomía. Todos establecen sinerxías con provedores locais, producen boa parte dos seus produtos e aprovéitanse dos recursos propios.  

Coinciden en que meter as mans na terra é dotar de sentido a súa cociña, en canto a sabores e responsabilidade. Aseguran que o presente pasa por conceptos como o respecto, a responsabilidade, a sostibilidade e o cambio. Algo que en Galicia, rodeados de natureza, é máis fácil e á vez máis necesario que en calquera outro territorio. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar