Publicador de contidos
Publicador de contidos

Catro feridos nun tiroteo nunha gasolineira de Tamallancos, en Vilamarín

Catro feridos nun tiroteo nunha gasolineira de Tamallancos, en Vilamarín

Un home de 48 anos foi detido como presunto autor dos disparos

Hai feridas unha muller e tres homes

G24.gal 08/03/2022 17:34

Catro persoas quedaron feridas de diferente consideración tras seren tiroteadas na tarde deste martes nunha gasolineira do municipio ourensán de Vilamarín por un home que fuxiu.

Os feitos tiveron lugar sobre as catro da tarde na gasolineira de Tamallancos cando un home irrompeu de repente e disparou en varias ocasións contra dous homes e unha muller que se agocharon no almacén ata que chegou a Garda Civil.

O autor dos disparos fuxiu do lugar, mentres que os feridos foron trasladados en ambulancia ao CHUO, aínda que están fóra de perigo. 

Fontes próximas á investigación aseguran que se detivo unha persoa como presunto autor do tiroteo ocorrido entre dúas familias de etnia xitana. 

Segundo indicaron fontes da investigación, un home de 48 anos, veciño de Amoeiro, de etnia xitana, foi detido como presunto autor dun delito de tentativa de homicidio cando trataba de fuxir nun vehículo. Os axentes localizaron no vehículo a arma coa que supostamente efectuou os disparos.

O 061 concretou que os feridos son unha muller de 39 anos e tres homes: J. G.M., de 18 anos, A. G.M., de 46 e A.V. G., de 77 anos. Ata o lugar desprazáronse dúas ambulancias asistenciais e un helicóptero de Urxencias Sanitarias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade