Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tres tripulantes do Nuevo San Juan agardan en Irlanda para volver á casa

Tres tripulantes do Nuevo San Juan agardan en Irlanda para volver á casa

Seguen adiante as pescudas para determinar a causa do incendio

Imaxe deste pesqueiro burelés tras o rescate dos seus quince tripulantes que pescaban no Gran Sol
G24.gal 05/07/2023 12:57

Dos quince homes que formaban a tripulación do pequeiro de Burela Nuevo San Juan, a maioría están de volta na casa despois de vivir o incendio do que foi o seu lugar de traballo ata hai tres días.

Tres tripulantes están á espera de xestións administrativas para poder efectuar a viaxe de regreso desde Castletownber, localidade irlandesa á que os evacuaron os do Nuevo Confurco, que tamén traballaban polo Gran Sol o domingo cando o lume empezou a devorar o palangreiro burelés.

O Nuevo San Juan podería estar xa afundindo, pois desde onte deixou de emitir sinais, e efectivos de Irlanda, Francia e Gran Bretaña traballan para localizar o que queda do buque.

Mentres, seguen adiante as pescudas para determinar a causa do incendio, unha investigación que ten nas declaración dos tripulantes os testemuños das últimas horas a bordo do Nuevo San Juan.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade