Publicador de contidos
Publicador de contidos

Trinta patrullas do Exército súmanse ao operativo contra incendios en Galicia

Trinta patrullas do Exército súmanse ao operativo contra incendios en Galicia

Van reforzar a vixilancia, disuasión e identificación de potenciais axentes do lume

Presentación das tropas Presentación das tropas
G24.gal 29/07/2023 09:14 Última actualización 29/07/2023 10:29

Un total de 30 patrullas do Exército e dous equipos de mantemento móbil súmanse aos efectivos antiincendios da Xunta para reforzar a vixilancia, a disuasión e a identificación de potenciais axentes dos incendios forestais.

Segundo explicou o conselleiro de Medio Rural, José González, na presentación das tropas da coñecida como operación Centinela, preténdese mellorar a seguridade das persoas e dos bens e defender a riqueza forestal.

Medios contra o lume

O dispositivo conta coa Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO), creada no ano 2021, que traballa para esclarecer as circunstancias dos lumes. 

No eido tecnolóxico, dispón de drons e cámaras de última xeración na rede de vixilancia fixa, provistas dunha tecnoloxía especialmente deseñada para exteriores e vixilancia forestal que é capaz mesmo de identificar matrículas de vehículos nas pistas. 

Atención á cidadanía

A consellería lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que se debe chamar en caso de detectar algún lume forestal.

Do mesmo xeito, está dispoñible o teléfono anónimo e gratuíto 900 815 085, para denunciar calquera actividade incendiaria delituosa da que se teña sospeita ou coñecemento. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade