Último día de folga en Iberia: problemas coas maletas, atrasos e amezas de novos paros
Último día de folga en Iberia: problemas coas maletas, atrasos e amezas de novos paros
A protesta deixa en Galicia 11 cancelacións de conexións con Madrid
Os traballadores non queren subrogados e piden que Iberia se preste o servizo a si mesma nos aeroportos onde perdeu a xestión de equipaxes
Último día de folga en Iberia e de incerteza para os viaxeiros, que levan catro días subindo ao avión sen saber se a maleta viaxa con eles. E mesmo collendo no último momento, en plena terminal, o imprescindible.
Para a última xornada de paros hai programados 509 voos. En Galicia deixa 11 cancelacións de conexión con Madrid, atrasos dunha hora en Barcelona e Bilbao e moita equipaxe en terra, que Iberia di entregará aos seus propietarios canto antes.
A compañía cifra o seguimento da folga no 19 por cento e recoñece problemas con centenares de equipaxes. Os sindicatos convocantes falan de milleiros de maletas e elevan o seguimento da folga por riba do 80 %, e mesmo do 95 % en aeroportos como o de BIlbao.
Ivan Baranda é responsable de CCOO nese aeroporto e di que: "Agora mesmo estamos intentando que a empresa se reúna connosco. E poder enderezar esta situación. Xa que todo o que nos está propoñendo a día de hoxe non nos vale. Así que non descartamos nun futuro seguir realizando este tipo de accións e mesmo máis agresivas".
Non queren ser subrogados e piden que Iberia preste o servizo a si mesma nos aeroportos onde perdeu a xestión de equipaxes.