Publicador de contidos
Publicador de contidos

O autor do triplo crime de Valga enfróntase á petición de prisión permanente

O autor do triplo crime de Valga enfróntase á petición de prisión permanente

O caso dá os últimos pasos antes da celebración do xuízo

Fiscalía, acusación particular e popular solicitan a máxima condena

Xose Luis Abet está acusado de asasinar a tiros a súa exmuller, a excuñada e a nai das dúas en presenza dos seus fillos de 4 e 7 anos

O acusado, Xose Luis Abet , nunha imaxe de arquivo
G24.gal 30/08/2022 13:43 Última actualización 30/08/2022 14:41

Cita clave hoxe nos xulgados de Caldas, onde se celebrou o último trámite antes de que o caso do triplo crime de Valga chegue a xuízo. Compareceron todas as partes. O acusado, José Luis Abet, fíxoo por videoconferencia desde a prisión de León onde permanece desde outubro de 2019. Tanto a Fiscalía como as acusacións piden para el a pena de prisión permanente revisable.

A audiencia preliminar comezou ás 10 da mañá nos xulgados de Caldas. É o último trámite antes de que se abra xuízo oral, se constitúa o xurado popular e se fixe a data da vista previsiblemente no primeiro trimestre do ano que vén.

Tanto a Fiscalía como as acusacións particular e popular, exercida pola Fundación Amigos de Galicia, manteñen a súa petición da pena de prisión permanente revisable para José Luis Abet, o asasino confeso da súa exmuller, a excuñada e a nai de ambas.

Acúsano, como explican Francisco Xosé Lago, avogado da acusación popular e Manuel Martín, letrado da familia das vítimas, de tres delitos de asasinato con aleivosía e agravante de xénero, dous delitos de graves lesións psíquicas por disparar en presenza dos seus fillos que tiñan 4 e 7 anos naquel momento, e outro de tenza ilícita de armas.

O acusado compareceu a través de videoconferencia desde a prisión de Mansilla de las Mulas, en León, onde permanece desde outubro de 2019, un mes despois daquel tráxico 16 de setembro en que supostamente cometeu o triplo crime.

Aquel día José Luis Abet presentouse ás 8 da mañá en que fora á casa familiar ata que se separou de Sandra Boquete. Ela estaba no coche cos seus fillos de 4 e 7 anos para levalos ao colexio. Asasinouna de 3 disparos diante dos pequenos.

Cando fuxía do lugar cruzouse co coche en que ían a súa excuñada e a exsogra, que acudian á chamada de socorro que lles fixera Sandra. Abet volveu e disparoulles a ambas. Apertou o gatillo 8 veces.

"Neste caso hai dous nenos que no momento dos feitos tiñan 4 e 7 anos e que foron testemuñas da morte da súa nai, da súa tía e da súa avoa. Difícil que o superen completamente pero confiemos en que así sexa", di Fernando Lago, avogado da acusación popular que representa á Fundación Amigos de Galicia.

Un veciño que escoitara os disparos acudiu socorrer os nenos e levounos á súa casa. Abet fuxiu, desfíxose da arma e despois entregouse e confesou os crimes.

As conclusións de hoxe elevaranse á Audiencia Provincial de Pontevedra para que se fixe a data do xuízo que, posiblemente, non será antes de que remate o ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade