Publicador de contidos
Publicador de contidos

Últimos días de rodaxe na Coruña da terceira temporada da serie 'Operación Marea Negra'

Últimos días de rodaxe na Coruña da terceira temporada da serie 'Operación Marea Negra'

G24.gal 18/09/2023 22:12 Última actualización 18/09/2023 22:52

A terceira temporada de Operación Marea Negra regresa ás instalacións da antiga Fábrica de Armas da Coruña para ambientar unha escena nunha prisión portuguesa. 

Son os últimos días de rodaxe antes de proceso de posprodución da que se anuncia como última temporada da serie. Foi un verán de rodaxe en localizacións de Portugal e Galicia, dun equipo formado por 80 persoas na parte técnica e 40 na actoral. Boa parte, de Galicia. Este luns recibiron a visita de entidades e administracións colaboradoras.

Repiten caras de temporadas anteriores que acompañan o protagonista Nando, interpretado por Jorge López, quen promete máis tensión e emoción nos novos episodios do thriller. Agárdase que esta terceira entrega chegue ao público na primavera do ano que vén.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar