Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un accidente durante unha carreira ilegal reaviva as queixas dos veciños de Novo Mesoiro

Un accidente durante unha carreira ilegal reaviva as queixas dos veciños de Novo Mesoiro

As imaxes gravadas polos asistentes á carreira ilegal do venres recollen o momento en que un dos coches participantes envorca ao entrar nunha rotonda do polígono coruñés do Vío

Estado en que quedou o coche sinistrado o venres durante a carreira ilegal
G24.gal 14/11/2022 13:36

As fins de semana son fonte de problemas para os veciños de Novo Mesoiro na Coruña, pero neste caso polas carreiras ilegais que se adoitan organizar nun polígono próximo, o de Vío. Urxen que se tomen medidas para erradicalas, polo barrullo e polo risco. O venres un dos coches participantes nestas competicións ilegais sufriu un accidente.

As imaxes gravadas polos asistentes á carreira ilegal que se celebraba no polígono de Vío, recollen o momento en que un dos coches participantes envorca ao entrar na rotonda e o estado en que queda. Por sorte non houbo feridos de gravidade. Pero estes vídeos que se fixeron virais reavivaron as denuncias dos veciños de Novo Mesoiro sobre os riscos destas competicións ilegais e as molestias que lles xeran cada fin de semana. Polo barullo e polo risco para a seguridade viaria.

O propio venres a Policía Local sancionou un cento de asistentes á saída do polígono, pero os veciños cren que deberían actuar de xeito máis contundente.

Tamén hai quen empatiza cos asistentes e participantes e o seu gusto pola velocidade e propoñen unha solución con garantías para todos: que se constrúa un circuíto onde poidan competir con todas as medidas de seguridade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade