Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un avión e un barco de Salvamento levan días buscando sacos de 'pellets' no mar

Un avión e un barco de Salvamento levan días buscando sacos de 'pellets' no mar

O tempo despexado permitirá localizar sacos nas zonas escuras de rocha, tarefa en que se centrará o operativo nas próximas horas

Delegación do Goberno xestiona coa Axencia de Seguridade Marítima e os gobernos de España e Portugal a busca dos colectores que caeron ao mar

G24.gal 12/01/2024 17:22 Última actualización 12/01/2024 20:57

O avión de Salvamento Sasemar 102 e a embarcación Salvamar Mirach levan días rastrexando a costa galega en busca de restos da vertedura de 'pellets'

En concreto, e segundo fontes de Salvamento Marítimo, o avión fai voos de inspección dende o pasado 13 de decembro.

En  300 efectivos que traballan en terra limpando as boliñas de plástico nas praias.

Unhas tarefas minuciosas polo tamaño dos pellets e porque deben facerse sen afectar á flora ou á fauna.

Non deberan pisarse para evitar que se enterren e en moitos casos aprovéitase para  retirar outros residuos plásticos.

Os efectivos mobilizados pola Xunta traballan en 52 areais e os voluntarios contan cun protocolo para poder actuar. Os expertos apuntan que estes materiais poden tardar séculos en degradarse. 

Os medios iranse adaptando segundo avance a fin de semana, prevese que os cambios no vento e nas correntes poidan facer que cheguen máis restos ás costas galegas. 

Empregaranse todos os medios facilitados polo Goberno

O subdirector xeral do Servizo de Gardacostas galego, Lino Sexto, trasladou este venres na Radio Galega que neste momento o número de persoas que traballan nos areais é suficiente. Con todo, haberá que estudar previsibles cambios que poidan experimentar as mareas de cara á fin de semana por se fose necesario incorporar máis persoas os labores de limpeza.

Sexto remarcou que se empregarán todos os medios facilitados polo Goberno. Engade que tentar localizar o colector que caeu ao mar é unha tarefa complicada.

Non obstante, remarca o compromiso de Delegación do Goberno que neste momento tenta xestionar esa busca en colaboración coa Axencia Europea de Seguridade Marítima, e mailos os gobernos de España e Portugal. 

"Delegación do Goberno comprometeuse a xestionar con Goberno central e Goberno portugués, a Axencia Europea de Seguridade Marítima e o propietario do colector que caeu ao mar, para que coa colaboración de todos se poida estudar onde están os colectores e se seguen tendo carga que poida causar contaminación, para atacar o problema", explicou.

Aclarou que o bo tempo permitirá nas próximas horas que os efectivos centren esforzos na busca dos sacos no mar, especialmente nas zonas escuras de rocha, evitando que rachen e se desprenda máis granulado ao chegar a costa. 

"Se o saco aboia en zonas escoras de rocha, desde o mar e desde os helicópteros tentaremos buscalos coa maior intensidade posible", expresou.

Sexto remarcou a cooperación por parte da armadora desde o primeiro momento. Ao tempo, puxo de relevo a boa sintonía entre administracións, que neste momento, puntualizou, traballan para darlle solución ao problema. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade