Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un camión accidéntase na autoestrada en Oroso e perde 5.000 litros de gasóleo

Un camión accidéntase na autoestrada en Oroso e perde 5.000 litros de gasóleo

O condutor tivo que ser liberado e foi trasladado en estado grave ao hospital en helicóptero

G24.gal 22/03/2024 17:33 Última actualización 22/03/2024 18:33

O accidente dun camión cisterna á altura do quilómetro 55 da AP-9, ao seu paso por Oroso, provocou a perda de 5.000 libros de gasóleo e deixou ao seu condutor ferido de gravidade. O accidente produciuse sobre as 16:25 horas deste venres.

Debido ao impacto, o condutor, que resultou ferido de gravidade, quedou atrapado e tivo que ser excarcerado para o seu traslado en helicóptero a un centro hospitalario.

Ademais, o vehículo, que transportaba gasóleo, perdeu uns 5.000 litros deste combustible.

Por iso, activouse o Plan de Protección Civil ante accidentes no transporte de mercadorías perigosas, Transgal, aínda que estas fontes sinalaron que a vertedura xa foi controlada.

Ao lugar acudiron os servizos de Urxencias Sanitaria de Galicia-061, os bombeiros de Ordes e Santiago, así como a Garda Civil de tráfico e Protección Civil.

Ademais, conforme detalla a Dirección Xeral de Tráfico (DXT) o accidente provocou retencións na zona, onde a circulación é irregular.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar