Un de cada cinco alimentos aos que se lles rebaixou o IVE soben o prezo en febreiro
Un de cada cinco alimentos aos que se lles rebaixou o IVE soben o prezo en febreiro
O leite ou a froita están entre os que encareceron nas últimas semanas
As medidas do Goberno semella que non conseguen frear a inflación na alimentación. As asociacións de consumidores detectaron que un de cada cinco alimentos aos que se aplicou a rebaixa do IVE en xaneiro aumentaron de prezo este mes de febreiro.
A espiral inflacionista segue o seu avance. O 17 por cento dos alimentos analizados pola organización de consumidores Facua subiron de prezo este mes de febreiro.
Unha suba de prezos mesmo en alimentos básicos aos que o Goberno aplicou unha rebaixa do IVE o primeiro de xaneiro. É o caso do leite ou a froita. E iso que o real decreto do Goberno prohibía subir durante polo menos catro meses os produtos aos que se aplicaba a rebaixa impositiva. As grandes distribuidoras están a facer oídos xordos.
Só tres de cada dez produtos afectados pola baixada do IVE son máis baratos do que eran en decembro.