Un fallo mecánico do tractor provocou o accidente mortal na cabalgata de Marchena
Un fallo mecánico do tractor provocou o accidente mortal na cabalgata de Marchena
Un dos feridos graves é un neno de 2 anos que permanece estable no hospital de Sevilla
O concello de Marchena decretou catro días de loito oficial
Un fallo mecánico que impediu ao condutor controlar o tractor que arrastraba a última carroza da cabalgata de Marchena é a causa máis probable do accidente no que morreu unha muller de 72 anos e outras 5 persoas quedaron feridas, 3 delas de gravidade.
Un dos feridos graves é un neno de 2 anos que permanece estable no hospital de Sevilla ao que foi evacuado. Segundo as testemuñas, o tractor circulou sen control durante 15 metros por unha rúa en lixeira pendente.
Apenas sete fatídicos segundos que acabaron nun brusco xiro á dereita para evitar atropelar á banda de música que camiñaba diante do vehículo. Só se detivo ao bater cunha casa, pero no seu camiño levouse por diante ao publico que presenciaba a cabalgata nese punto do percorrido.
O vehículo tiña todos os permisos en regra e manexábao un condutor experto que deu negativo nos test de alcoholemia e drogas. O concello de Marchena decretou catro días de loito oficial e a alcaldesa anticipou que será necesario modificar o formato da próxima cabalgata.