Un fondo de investimento merca a empresa de transportes Arriva, que opera ducias de rutas en Galicia

A compañía ferroviaria pública alemá Deutsche Bahn chegou a un acordo para venderlla ao fondo norteamericano I Squared Capital por 1.600 millóns de euros
A empresa de transportes Arriva, que opera ducias de rutas de autobuses na Coruña e Lugo pasa a mans estadounidenses. A compañía ferroviaria pública alemá Deutsche Bahn chegou a un acordo para venderlla ao fondo norteamericano I Squared Capital por 1.600 millóns de euros.
A transacción, que espera pecharse o ano que vén, contempla a venda a ese fondo de todos os negocios operativos de Arriva, que emprega a unhas 35.000 persoas e opera nunha decena de países europeos. Arriva lles dá servizo no mercado español, onde está presente dende hai máis de dúas décadas, a máis de 40 millóns de pasaxeiros cada ano.