Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un golfiño leva unha semana nas augas do río Ulla

Un golfiño leva unha semana nas augas do río Ulla

Os veciños temen que a baixa salinidade lle afecte e acabe por morrer

Desde o Cemma están a facer o seguimento e aseguran que está en bo estado

Imaxe do golfiño nas augas do río Ulla
Marta González Salve 06/12/2021 13:57

A presenza dun golfiño nas augas do río Ulla na zona limítrofe de Padrón co Pontecesures leva días causando grande expectación entre os veciños.

As especulacións sobre as circunstancias polas que o golfiño remontou o as augas do río  Ulla e que o fan permanecer tanto tempo a quince quilómetros da Ría de Arousa medran estre os veciños.

Desde a Coordinadora de Estudos de Mamíferos Mariños que están a facer un seguimento do animal desde que foron informados da súa presenza recoñecen que non é normal que remonte o río ata tan arriba, sen o resto do grupo,  e que permaneza tanto tempo na zona.

Aos que pasan a diario pola zona preocupalles que a baixa salinidade poda afectarlle e acabe morrendo.

Biólogos do Cemma aseguran que o golfiño  se atopa  en bo estado e descartan unha intervención para rescatalo xa que din que sería complicado por estar moi lonxe da ría. Agardan que en breve regrese ao mar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade