Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un home estrangula a súa nai na casa en que vivían en Suances e logo suicídase

Un home estrangula a súa nai na casa en que vivían en Suances e logo suicídase

A Garda Civil foi avisada onte pola tarde por un familiar de que nin o fillo nin a nai collían o teléfono nin daban sinais

EFE/Pedro Puente Hoyos
G24.gal 07/03/2024 10:10 Última actualización 07/03/2024 15:06

Un home de 44 anos estrangulou supostamente a súa nai, de 83, na que casa en que ambos vivían, na localidade cántabra de Hinojedo, no municipio de Suances, e logo aforcouse, segundo informaron a EFE fontes da investigación.

A Garda Civil foi avisada onte pola tarde por un familiar de que nin o fillo nin a nai collían o teléfono nin daban sinais, e axentes do instituto armado achegáronse ao domicilio. 

Cando a Garda Civil chegou ao domicilio, situado nesa localidade do municipio costeiro de Suances, atoparon a nai con "signos de ser estrangulada, posiblemente cunha corda ou un cable", segundo sinalaron a EFE as mesmas fontes.

O alcalde de Suances, Andres Ruiz confirmabao "é evidente que hai dúas persoas falecidas. Un fillo e unha nai. E a partir de aí, prudencia por encima de todo".

O fillo, con quen a muller vivía, tamén estaba na casa e aforcouse. Segundo as mesmas fontes, a nai tiña problemas de saúde, que lle impedían facer vida normal, xa que lle dera un ictus.

"A nai, que era unha señora xa de certa idade, estaba un pouco enferma, pero eu, cando falaba con eles, tanto co fillo como coa nai, eran persoas normais, moi integradas dentro do municipio. Consternación total", engadiu o alcalde de Suances despois do minuto de silencia vivido ás portas da Casa do Concello.

O municipio xa decretou dous días de loito oficial.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade