Incendia dous bloques de vivendas en Alemaña e deixa 30 persoas feridas
Incendia dous bloques de vivendas en Alemaña e deixa 30 persoas feridas
O presunto autor dos feitos é un home de 41 anos de orixe siria, que permanece detido
Saíu á rúa armado cun machete e ameazou varios transeúntes
Entre os feridos nos incendios hai oito nenos, a vida de dous deles corre perigo
En Alemaña, a Policía detivo un home de 41 anos de orixe siria tras presuntamente provocar o incendio en dous bloques de vivendas da cidade de Essen. Hai máis de 30 feridos, entre eles oito nenos, dous deles en estado moi grave.
Pouco despois de que se declararan os incendios, o detido arremeteu cunha furgoneta contra dous comercios próximos. O home saíu armado cun machete e ameazou varios transeúntes.
O seu avogado asegurou que a motivación destes ataques non foi nin política nin terrorista, senón debida a un trastorno mental e a unha disputa coa súa muller.