Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un home mata presuntamente a seu pai en Aldaia, Valencia, e entrégase á Policía

Un home mata presuntamente a seu pai en Aldaia, Valencia, e entrégase á Policía

G24.gal 05/11/2021 09:26

Un home de 49 anos matou presuntamente a seu pai, de 76 anos, no concello de Aldaia, en Valencia e entregouse á Policía Nacional.

Segundo fontes da Policía Nacional, o home presentouse na madrugada deste venres nas dependencias policiais coas mans ensanguentadas. Manifestou aos axentes que matara a seu pai.

Os axentes acudiron á vivenda e alí atoparon o corpo do pai sen vida. Tiña signos de violencia e a arma que empregou supostamente estaba xunto ao cadáver

As mesmas fontes explicaron que, ao parecer, o presunto parricida ten problemas mentais e foi trasladado a un centro hospitalario, onde permanece custodiado por axentes da Policía Nacional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade