Publicador de contidos
Publicador de contidos

Evolución favorable do incendio de Crecente, que se iniciou en tres focos diferentes

Evolución favorable do incendio de Crecente, que se iniciou en tres focos diferentes

O lume, que se iniciou no serán do xoves, arrasou 100 hectáreas

G24.gal 18/05/2023 22:45 Última actualización 19/05/2023 12:05

O incendio está afectando 100 hectáreas de terreo na parroquia de Rebordechán, nunha área escarpada e montañosa de monte, segundo informan diversas fontes, entre elas a Consellería de Medio Rural e Incendios Galicia, que engaden que evoluciona favorablemente cara á súa estabilización.

O lume iniciouse arredor das oito desta tarde en tres focos diferentes e para o seu control mobilizáronse doce brigadas, cinco motobombas, cinco helicópteros e dous avións.

Unha impresionante columna de fume divisábase dende unha distancia considerable, ao tempo que invadía practicamente todo o val onde se está rexistrando este accidente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade