Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un incendio calcina unha vivenda unifamiliar en Punxín

Un incendio calcina unha vivenda unifamiliar en Punxín

Na casa vivía unha parella que alertou das lapas pasada a medianoite

Os ocupantes puideron saír sen problemas do inmoble

Estado en que quedou a vivenda que ardeu en Punxín
G24.gal 05/02/2023 11:23 Última actualización 05/02/2023 13:31

Un incendio calcinou por completo unha vivenda unifamiliar situada no quilómetro 16 da N-541 ao seu paso polo concello ourensán de Punxín.

As lapas comezaron pouco despois da medianoite. Os propietarios da casa, un matrimonio de septuaxenarios foron os que avisaron a Emerxencias do que pasaba e saíron ilesos polo seu propio pé.

"Disgústaste, é normal, pero non houbo desgrazas persoais que é o máis importante, porque se chega a ser máis tarde, que estiveramos xa durmindo, igual non había nada que facer xa", asegura Eloi o propietario da casa.

A central de alarmas mobilizou os bombeiros do parque comarcal do Carballiño e a Garda Civil. Tamén se enviou unha ambulancia pero non foi precisa a súa intervención. Os servizos de extinción confirmaron que puideron controlar o incendio contra as 01:45 horas, aínda que traballaron para arrefriar os restos ata pasadas as 03:30 horas.

Os propietarios lamentan que non actuaran máis rápido.

"Tardaron bastante e non traían a escaleira, cando a trouxeron xa pasara unha hora ou máis, e no interior da casa non se aproveita nada", di Eloy.

A vivenda quedou arrasada por completo e a estrutura do tellado tamén quedou afectada.

Os donos da casa explicaron que o lume comezou no teito por riba da cociña na que había unha cheminea. As lapas estendéronse con rapidez.

Sospeitan que o lume se iniciara aquí, no tiro dunha estufa empotrada na cheminea, porque escoitaron un estoupido, pero as causas do incendio aínda están en fase de investigación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade