Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un incendio deixa sen fogar unha familia de Agolada

Un incendio deixa sen fogar unha familia de Agolada

O lume, que afectou outra vivenda lindeira, puido comezar nun enchufe e propagarse a unhas cortinas

G24.gal 04/09/2022 22:32

Dúas casas lindeiras en Val de Sangorza, en Agolada víronse afectadas por un incendio. As lapas deixaron sen fogar de xeito momentáneo unha familia do lugar.

As primeiras investigacións apuntan a que puido orixinarse nun enchufe e propagarse con rapidez ás cortinas dunha sala da vivenda. O lume estragou dous cuartos e un baño. Na cociña estaba o matrimonio e dúas das súas fillas pero saíron en canto se deron conta do incendio.

Os veciños foron os primeiros que intentaron apagar as lapas, pero resultoulles imposible, e mesmo lle afectaron a outra casa lindeira, rehabilitada hai pouco tempo e que se usa como segunda vivenda. No momento do incendio estaba desocupada.

O 112 recibiu o aviso contra as 20:30 horas do sábado por parte dun particular. Mobilizou o GES de Lalín, os bombeiros con sede en Silleda, 061 e Protección Civil de Agolada e a Garda Civil.

Na casa onde comezou o lume quedaron moi afectados os cuartos dos menores, pero aínda haberá que avaliar os danos. Para ocupala outra vez vai precisar dunha importante rehabilitación.

Familiares e amigos dos afectados realoxáronos polo momento.

O lume estragou dous cuartos e un baño As lapas propagáronse con rapidez polo tellado e pasaron á vivenda contigua. A Garda Civil investiga a orixe pero a familia afectada xa ten unha hipótese. "Intuímos que poida ser un cargador nun enchufe porque no cuarto da nena, onde empezou todo, non hai outra cousa", comenta Roberto.

Xestións e axuda

O seguro abriu un parte. Agora toca avaliar os danos e concretar a causa concreta do incendio. A familia afectada dálle as grazas ao Concello pola axuda que lle brindou e aos seus veciños. Ademáis de socorrelos, un deles deixoulles unha casa mentres non atopan outra solución.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade