Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un incendio no centro de Portugal causa catro feridos

Un incendio no centro de Portugal causa catro feridos

Máis de catrocentos bombeiros traballan para combater as lapas

Imaxe de arquivo Imaxe de arquivo
G24.gal 23/08/2023 19:50

Máis de 400 efectivos de bombeiros, apoiados por un centenar de vehículos, combaten este mércores un incendio nunha zona de matogueiras da localidade de Nelas, no centro de Portugal, que, segundo medios locais, causou ata o momento catro feridos. Entre eles hai dous bombeiros que traballaban na extinción.

O incendio comezou ao mediodía e para combatelo traballan 441 bombeiros, 130 medios terrestres e 9 aéreos.

Nelas forma parte do distrito de Viseu, un dos sete en alerta vermella pola calor extrema, e a localidade foi unha das máis afectadas, acadando este mércores unha máxima de 42,8 graos.

Portugal rexistra este mércores 49 incendios forestais e en zonas de arbustos, que mobilizaron 1.903 efectivos, 534 medios terrestres e 26 medios aéreos.

Debido ao risco extremo de incendios en practicamente todo o país, Protección Civil activou o seu sistema de alerta para a poboación a través de mensaxes de texto ao teléfono móbil "sobre a situación de risco extremo de incendios rurais e as precaucións para tomar".

Segundo datos facilitados polo Instituto Portugués do Mar e da Atmosfera, ao país rexistrou unha máxima de 45,6 graos este martes, en Alvega e Pinhão, tamén na Rexión Centro (fronteiriza con Castela e León e Estremadura). 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade