Un menor ao volante dá positivo nunha proba de alcoholemia e o seu pai, que ía de acompañante, supera o máximo permitido

As denuncias son por un delito contra a seguridade viaria ao mozo e outro de cooperador necesario para o pai
O coche non tiña seguro e estaba a nome doutro familiar
Un menor e idade e o seu pai enfróntanse a varias denuncias por delitos contra a seguridade viaria. A Policía Local da Coruña estaba a realizar un control e detiveron un coche na avenida do Porto.
Tras someter o condutor a unha proba de alcolemia este non só deu positivo, senón que ademais atoparon que era menor de idade. Cando o acompañante, seu pai, se ofreceu a levar el o coche tamén lle fixeron a proba e igualmente superou o máximo de alcol permitido.
Por se fose pouco, o coche non tiña seguro e estaba a nome doutro familiar. As denuncias son por un delito contra a seguridade viaria ao mozo e outro de cooperador necesario para o pai.