Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un motorista morre nun accidente no barrio lugués da Milagrosa

Un motorista morre nun accidente no barrio lugués da Milagrosa

G24.gal 15/03/2022 21:40 Última actualización 09:45

Un motorista morreu esta tarde no barrio lugués da Milagrosa. O home, duns sesenta anos de idade, bateu coa súa motocicleta contra os coches que estaban aparcados na rúa Camiño Real por causas que aínda se descoñecen.

Profesores do colexio lindeiro co lugar do sinistro, o Divina Pastora, tentaron reanimalo cun desfibrilador mentres chegaban os servizos de emerxencias pero nada se puido facer por salvarlle a vida e faleceu aos poucos minutos.

Debido a que se trata dunha rúa con velocidade limitada, non se desbota que o home sufrira algún problema que o levara a perder o coñecemento antes de bater cos coches.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade