Un ouro e unha prata, a colleita de Antía Jácome no Europeo de piragüismo
Un ouro e unha prata, a colleita de Antía Jácome no Europeo de piragüismo
A padexeira galega impúxose con María Corbera no C2 200 e sacou a prata no C1 200
A delegación galega acadou metais en sete probas, dúas delas de ouro
Antía Jácome, cunha prata e un bronce, foi a gran figura do piragüismo español nos Europeos de Hungría que se celebraron esta semana. Na previa dos Xogos Olímpicos a padexeira galega impúxose no C2 200 a carón de María Corbera e acabou no segundo posto no C1 200, proba olímpica, na que aspira a sacar un metal.
🇪🇸🥈 ¡Antía Jácome (@antiajacc) logra un nuevo metal en el Campeonato de Europa de piragüismo sprint!
— Teledeporte (@teledeporte) June 16, 2024
La española quedó segunda en la final tras la polaca Borowska.
🟠 DIRECTO | Teledeporte y https://t.co/JmGczFqJvu pic.twitter.com/rL7rP5lhUd
Outras dúas medallas con sabor galego foron as que lograron Manuel Fontán e Adrián Sieiro no C2 200 (bronce) e Pablo Graña, que logrou unha prata no C1 200 a 26 centésimas da medalla de ouro. No K4 1000, coa presenza do tomiñés Roi Rodríguez, tamén houbo bronce para España. Rodríguez competía con Pedro Vázquez, Íñigo Peña e Alex Graneri.
O paracanoe achegou catro metais para a delegación española e dous deles foron de padexeiros galegos. A veterana Araceli Menduíña conseguiu o ouro en KL3 200. Menduíña debutará en París nuns Xogos Olímpicos. O tomiñés David González Mella quedou un chanzo por debaixo pendurando unha prata no VL1 200.
🏅Otra medalla para el Piragüismo Adaptado español.
— Teledeporte (@teledeporte) June 16, 2024
🥈David González se ha colgado la medalla de plata en los 200 metros. pic.twitter.com/1NrLFmJIro